Momentos da Cultura Galega: Castelao en Buenos Aires

Mércores 5 de novembro de 2025, ás 18 h, no Edificio Castelao

Castelao en Buenos Aires

Xornada organizada pola Sección de Historia da Real Academia Galega, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e do Museo de Pontevedra.

Programa: 

  • Henrique Monteagudo: “De Sempre en Galiza a Alba de gloria
  • Ángeles Tilve: “As cruces de pedra na Galiza: o cumio do Castelao investigador no exilio”
  • Xosé Manoel Núñez Seixas: “Castelao e a construción da ‘Galiza ideal’ no exilio (1940-1950)”
  • Proxección de Castelao en Buenos Aires (Filmoteca de Galicia)
  • Coordina e modera: Ramón Villares