Concerto Á luz dos candelabros (LXV edición)

Sábado 8 de agosto de 2026, ás 19:00 h, no Edificio Castelao

Concerto <em>Á luz dos candelabros </em>(LXV edición)

Esta actuación terá lugar no salón de actos, como parte das actividades dos cursos internacionais de Música en Compostela. A entrada será libre ata completar a capacidade.

Este é o concerto número 65 que acolle o Museo de Pontevedra desde 1958, ano no que se crearon estes cursos universitarios internacionais por iniciativa do mestre Andrés Segovia para interpretar e cultivar a música española. Desde 1960, alumnado de máis de vinte nacionalidades, de media, acode cada ano a esta cita musical na cidade do Lérez.