Avelaíña Teatro. As máscaras de Ibáñez: o marqués de Sargadelos que nunca foi
Venres 22 de maio de 2026, ás 19:00 h, no Edificio Castelao
Con motivo do Día Internacional dos Museos, que este ano ten por lema “Museos unindo un mundo dividido”, prográmase esta peza teatral que leva o público a pensar na nosa historia máis próxima nunha época como foi a Ilustración, na que se viviron na nosa terra enfrontamentos entre distintos estamentos do poder, a igrexa e nobreza fronte á nova burguesía liberal. Coa interpretación de Xabier Fernández, a peza revisa a vida e os sucesos que conduciron á morte de Raimundo Ibáñez, fundador da cerámica de Sargadelos, da que o Museo de Pontevedra conserva unha destacada colección.
