Visitas guiadas: ‘A través da pel do Museo’

Sábado 18 de maio, ás 17:00 h e ás 18:30 h, no Edificio Castelao

A través da pel do Museo

Neste Día Internacional dos Museos (DIM), que este ano pon o acento na súa misión educativa e investigadora, o Museo de Pontevedra invítanos a vivir a experiencia ‘A través da pel do Museo’. Trátase dunha actividade, na compañía do persoal do departamento de Educación, pola intervención da artista Mónica Alonso en diálogo con 15 obras da colección permanente a través da poética da pel. As cores aplicadas para conseguir as carnacións e a súa multiplicidade semántica, serán o fío condutor desta visita comentada na que se potenciará o diálogo co público e outra forma de contemplar a arte.

A actividade desenvólvese en dúas quendas, ás 17:00 e ás 18:30 horas. Non é necesaria reserva previa.