Cristimil
Os seminaristas tomaron nota de elementos ornamentais das casas de Cristimil, coma os chamadores ou o tipo de cantería nos muros, e tamén de elementos decorativos da igrexa parroquial de San Xurxo, da que destaca a súa profusa decoración interior. Especial mención merece a ponte Asneiro, que salva o río do mesmo nome ao seu paso pola parroquia e que formaba parte do Camiño dos Arrieiros cara a Santiago de Compostela.