Visitas guiadas á exposición Debuxar coa luz
Os xoves, ás 18 horas, e os domingos, ás 12 horas, a partir do 15 de xaneiro de 2026
Visitas guiadas á exposición Debuxar coa luz. A fotografía en Pontevedra no século xix, que se exhibe no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra ata o 5 de abril de 2026.
Trátase dunha mostra para dar a coñecer a obra das e dos fotógrafos profesionais e afeccionados que traballaron entre 1843 e 1900 en Pontevedra. Do daguerrotipo á revista ilustrada, pasando pola tarxeta de visita, a crónica urbana e a fotografía científica e patrimonial, as súas cámaras foron testemuñas dun tempo de grandes transformacións e construíron a memoria visual da cidade.
Con reserva previa a través deste formulario.
