Obradoiros de verán
Catro obradoiros, en dúas quendas semanais cada un, nos meses de xullo e agosto
O Museo de Pontevedra organiza obradoiros de verán para nenas e nenos desde os 6 aos 15 anos. Do 4 de xullo ao 25 de agosto, cada semana un grupo de 15 rapazas e rapaces participarán nunha das dúas quendas coas que contan os catro obradoiros que se ofrecen. Todos os obradoiros son de balde, contan con 15 prazas e se desenvolverán entre as 11:00 e as 13:00 horas.
A inscrición debe facerse a través da dirección de correo electrónico reservas.museo@depo.gal desde o martes 20 de xuño ás 8:00 horas ata o 27 de xuño. En cada correo só poderá inscribirse unha ou un participante e as prazas outorgaranse por estrita orde de entrada. No caso de que o obradoiro desexado xa estivese cuberto ou quedasen prazas vacantes noutros, poderase indicar na solicitude cales son as alternativas, poñéndoas por orde de preferencia.
AO SON DE ÚBEDA
Imparte: Pilar Delmas e Sofía F. de Ana
Obradoiro de pintura-collage con materiais reciclados no que, a partir da obra de Rafael Úbeda, crearemos unha libreta de arte personalizada.
- Do 4 ao 7 de xullo: nenas e nenos de 7 a 9 anos
- Do 12 ao 14 de xullo: nenas e nenos de 10 a 12 anos
LIÑAS, LUCES E SOMBRAS
Imparte: Carmen Pintos
Obradoiro de ilustración no que a partir de Castelao e Maruja Mallo, coñeceremos os recursos e as ferramentas para afrontar un proxecto de ilustración, desde o concepto ata a obra acabada.
- Do 18 ao 21 de xullo: nenas e nenos de 10 a 15 anos
- Do 26 ao 28 de xullo: nenas e nenos de 10 a 15 anos
CREANDO UN PEQUENO MUSEO PORTÁTIL
Imparte: Lili Algo
A partir de retratos da arte galega e española do século XIX, crearemos personaxes, elaboraremos camafeos tridimensionais e contribuiremos á creación dun museo portátil.
- Do 1 ao 4 de agosto: nenas e nenos de 8 a 12 anos
- Do 8 ao 11 de agosto: nenas e nenos de 6 a 10 anos
ARQUEOLOXÍA EXPERIMENTAL
Imparte: AAEX (Área de Arqueoloxía Experimental)
Percorreremos a Idade do Bronce coñecendo como eran os materiais da época, a vida doméstica e os espazos funerarios, ademais de descubrir como se estudan e musealizan as pezas arqueolóxicas.
- Do 16 ao 18 de agosto: nenas e nenos de 8 a 12 anos
- Do 22 ao 25 de agosto: nenas e nenos de 6 a 10 anos