Obradoiro: Marabillas Xiratorias
26 e 27 de decembro e 2 e 3 de xaneiro, de 11:30 a 13:30 h no Edificio Castelao
Catro quendas diferentes deste obradoiro no que as e os participantes elaborarán con papel, lapis, tesoiras e imaxinación o seu propio taumatropo, o máis antigo xoguete óptico precursor do cine. Impartido por Carmen Pintos.
Obradoiros dirixidos a persoas de todas as idades. As nenas e nenos menores de 12 anos teñen que asistir na compañía dunha persoa adulta.
A inscrición pode facerse a partir do martes 17 de decembro ás 10:00 h escribindo a reservas.museo@depo.gal, indicando o nome e apelidos, teléfono de contacto e, en caso de ser menor, os datos da persoa adulta responsable. Poden inscribirse ata dúas persoas en cada mensaxe.