Dándolle cor á tradición. Obradoiros de entroido

Luns 12 ou martes 13 de febreiro, para nenas e nenos de 6 a 10 anos

Prazas esgotadas
 
obradoiros de entroido

Neste obradoiro os nenos e nenas poderán coñecer algúns dos protagonistas e personaxes tradicionais do noso entroido. Utilizando algunhas das obras de arte expostas no Museo de Pontevedra, relacionadas cos animais, poderán realizar as súas propias máscaras, dunha forma libre e creativa.

Dúas quendas:

  • Luns 12 de febreiro, de 11:30 a 13:00 h.
  • Martes 13 de febreiro, de 11:30 a 13:00 h.

15 prazas por sesión, que se cubrirán por orde de inscrición escribindo a reservas.museo@depo.gal a partir do martes 6 de febreiro ás 9 da mañá.