Cursos intensivos: Iniciación á Cestería de Vimbio
Edificio Castelao, os venres 13 de novembro e 18 de decembro de 2026 e 15 de xaneiro de 2027, de 16:30 a 20:30 h
Julia de la Cal, premio artesanía de Galicia 2024, imparte estes cursos intensivos nos que as persoas inscritas gozarán dunha sesión de catro horas para iniciarse no traballo artesán con vimbios entretecidos.
Haberá tres quendas independentes con prazas limitadas. A inscrición abrirase o mércores 4 de novembro ás 10:00 h nesta mesma páxina.
No caso de non poder asistir, é obrigatorio cancelar a reserva enviando un correo a reservas.museo@depo.gal ou na ligazón recibida tras confirmarse a inscrición.
As persoas que non cancelen a reserva e non se presenten á actividade non poderán participar durante os doce meses seguintes en ningunha das outras visitas e actividades do museo que precisen reserva.
