Ao son do piano. Elsa Muñiz: Pianotelling e New Beginnings
Mércores 11 de febreiro de 2026, ás 19 h, no Edificio Castelao
Elsa Muñiz creou o pianotelling: unha fusión de piano, caligramas e microrrelatos. Preséntao nun espectáculo inmersivo e emocionante no que interpreta os temas orixinais do seu álbum New Beginnings.
Elsa Muñiz é unha pianista, compositora e narradora galega que revolucionou o panorama musical coa súa proposta de pianotelling. A súa formación musical sólida, con estudos en conservatorios e universidades galegas e estranxeiras, e a súa paixón pola literatura converxen nunha experiencia artística única.
En 2025 publicou New Beginnings, un disco sobre a superación e a renovación persoal. Son nove composicións orixinais para piano que inclúen caligramas inspirados en cada peza musical e microrrelatos que acompañan as melodías.