Arte prehistórica. Da rocha ao museo
Dende o xoves 14 de xullo ata o 9 de outubro o Museo ten aberta a exposición ‘Arte prehistórica. Da rocha ao museo’, unha homenaxe á arte rupestre da man do Museo Arqueolóxico Nacional (MAN).
08/07/2022
A mostra conmemora o centenario da exposición ‘Arte prehistórica española de 1921’, un fito fundamental para o coñecemento e a difusión da arte prehistórica, e supón un percorrido polas formas de exposición da arte rupestre que fai reflexionar sobre as súas posibilidades de contextualización nos museos.
Chega a Pontevedra tras a súa exhibición no MAN en Madrid durante catro meses, no Museo de Altamira, e en Portugal, sendo organizada polo Ministerio de Cultura e Deporte e Acción Cultural Española (AC/E), co apoio de Bolsas e Mercados Españois (BME) e a Asociación Cultural de Amigos e Protectores do MAN (ACAPMAN).
Conta con máis de 250 pezas procedentes das coleccións do MAN e doutras institucións como o Museo do Traxe e o Museo de Arte Moderna e Contemporánea de Santander. Entre elas, o público pode contemplar lenzos que reproducen algunhas das imaxes máis representativas da arte rupestre española, expostos por primeira vez en 70 anos, así como ferramentas, ídolos, obxectos cerámicos ou ronseis gravados, procedentes do contexto arqueolóxico das devanditas pinturas. No percorrido polas salas pódense coñecer as orixes do estudo da arte prehistórica e rupestre, xurdida polo interese que suscitaron descubrimentos como os da Cova de Altamira.
Haberá visitas guiadas e actividades complementarias.