Durante a época de restricións debidas á pandemia da Covid-19, o Museo de Pontevedra elaborou unha serie de vídeos nos que o persoal desta institución explica obras ou coleccións expostas no Edificio Castelao e no Edificio Sarmiento.
Na vixésimo cuarta visita, Diana Duo Ramila, do departamento de Educación, comenta as primeiras edicións das súas catro grandes series de gravados que conserva o Museo: Los caprichos, Los desastres de la guerra, Los disparates e La tauromaquia.
Diana Duo Ramila