A foto do seminario que nunca se fixo. Dúas imaxes e unha fake

04/10/2023
Museo de Pontevedra

A fotografía máis emblemática dos membros do Seminario de Estudos Galegos diante da casa do astrónomo Ramón Aller estivo moito tempo rodeada de polémica. A imaxe máis recoñecida do grupo tomouse en 1934, na xeira de maior éxito e máis concorrida da institución polas terras de Deza.

Por outra banda, fíxose tamén moita difusión da mesma fotografía cunha singularidade; aparecen ao lado do alcalde de Lalín outro seminarista ata agora sen identificar e detrás del, de perfil, Filgueira Valverde.

Este feito deu pé a todo tipo de especulacións e incluso chegouse a apuntar a Filgueira como autor da manipulación por ego persoal e afán de protagonismo, para facer valer, desta maneira, a súa “imprescindible” presenza nas xeiras da institución. Non obstante, está perfectamente documentado que Filgueira participou na excursión a Lalín de 1934, polo que poden desbotarse os chismes anteriores.

De onde se recortou, pois, o anaco cos dous “intrusos”?

 Ver artigo en PDF

María Jesús Fortes Alén