Xornada arredor de Alfredo García Alén. A Vida, a Obra, o Museo
Xoves 30 de maio, de 11:00 a 14:00 h e de 16:30 a 20:00 h, no Edificio Castelao
A vida e a obra de Alfredo García Alén (Pontevedra, 1923-1981) están intimamente ligadas ao Museo de Pontevedra, ao que accedeu como alumno colaborador e onde ocuparía, anos máis tarde, as prazas de secretario e director adxunto, traballos que compaxinou coa docencia no Instituto de Pontevedra. No museo desenvolveu, ademais, un inxente labor como investigador en arqueoloxía e etnografía, ámbitos que se revisarán neste seminario, o cal ten como obxectivo reivindicar, no centenario do seu nacemento, o traballo de quen foi un dos grandes defensores do patrimonio cultural galego. Home de vasto coñecemento e apaixonado pola cultura galega e polo mundo rural, Alfredo García Alén estudou a prehistoria, as tradicións e o folclore galegos, nomeadamente as crenzas mariñeiras e a cerámica popular. Inspirou a creación do Grupo de Arqueoloxía Alfredo García Alén, fundado dentro do Servizo de Arqueoloxía do Museo de Pontevedra tras o seu prematuro falecemento e integrado polo equipo heteroxéneo de persoas investigadoras profesionais e afeccionadas que acompañaran o arqueólogo nas escavacións, tamén subacuáticas, na catalogación e nas datacións de boa parte do patrimonio arqueolóxico da provincia nun momento álxido da disciplina e previo á súa institucionalización nos anos oitenta. Foi, ademais, membro de institucións coma a Real Academia Galega, tamén da de Belas Artes e da de Historia, do Instituto Padre Sarmiento e do Museo do Pobo Galego. Mestre e licenciado en Dereito e Filosofía e Letras, foi doutor cunha tese sobre cerámica popular galega.
Acceso libre.
Entregaráselles un certificado de asistencia ás persoas que se inscriban previamente en reservas.museo@depo.gal.
Programa
11:00 h Presentación da xornada e das persoas participantes
Ángeles Tilve Jar, directora do Museo de Pontevedra
11:15 h Conferencia “Alfredo García Alén. Vida e obra. Unha nova lectura”
Xosé Carlos Valle Pérez, exdirector do Museo de Pontevedra e presidente de honra da Confederación Española de Centros de Estudos Locais, Consello Superior de Investigación Científica
12:00 h Descanso
12:30 h Conferencia “Alfredo García Alén: biografía e influencia”
Mateo Fontán Couto, arqueólogo
13:00 h Conferencia “Alfredo García Alén: unha vida para o Museo, un home para servir a Galicia”
Xosé Fuentes Alende, investigador e exsecretario técnico do Museo de Pontevedra
16:30 h Conferencia “Alfredo García Alén e a etnografía”
Xosé Carlos Sierra, conservador de museos e exdirector do Museo Etnolóxico de Ribadavia
17:15 h Conferencia “D. Alfredo, mestre e amigo: uns cantos recordos e algo de arqueoloxía”
Antonio de la Peña, arqueólogo e exconservador de Fondos Arqueolóxicos do Museo de Pontevedra
18:00 h Descanso
18:15 h Conferencia “O Grupo de Arqueoloxía Alfredo García Alén, orixe e historia”
Ramón Patiño Gómez, arqueólogo e hi storiador, membro do Instituto de Estudios Vigueses
19:15 h Mesa redonda
Modera: Ana Barbazán, exbibliotecaria do Museo de Pontevedra