Xeira polos castros de Deza: Toiriz, Doade e Museo Etnográfico Casa do Patrón

Sábado 9 de setembro ás 10:30 h. Inscrición a partir do 8 de agosto.

Prazas agotadas

30 persoas

Xeira en Carboeiro

Dentro das actividades programadas arredor do Seminario de Estudos Galegos con motivo do centenario da súa creación, o Museo de Pontevedra organiza dúas saídas temáticas a modo de xeiras pola comarca de Deza. Esta primeira está centrada na arqueoloxía e foi deseñada polo arqueólogo Xulio Carballo.

Programa:

10:30 h. Encontro na igrexa parroquial de Silleda.

11:00 h. Visita guiada ao castro de Toiriz (Silleda).

12:00 h. Visita guiada ao castro de Doade (Lalín).

13:00 h. Visita guiada ao Museo Etnográfico Casa do Patrón, en Codesedo (Doade, Lalín)

14:00 h. Xantar no restaurante do Museo Etnográfico Casa do Patrón. Actividade opcional. Prezo do xantar: 20 € por persoa. 

Inscricións: do 8 de agosto ao 1 de setembro en reservas.museo@depo.gal (indicar número de teléfono e se desexa reservar o xantar). Actividade de balde, excepto o xantar opcional.

Prazas dispoñibles: ata 30 persoas.

As persoas participantes desprazaranse en coches particulares.

Recoméndase levar roupa adecuada para o monte (botas, pantalón longo e gorro).

Descrición da xeira:

Visitaremos en primeiro lugar o castro de Toiriz (Silleda), un castro non escavado pero no que se fixeron distintas actuacións de posta en valor do xacemento (Colectivo pola Recuperación dos Castros de Toiriz, Concello de Silleda, Deputación de Pontevedra e Ministerio de Fomento), con resultados diversos. Logo achegarémonos ao castro de Doade (Lalín), que foi escavado en varias campañas desde o ano 2015. E finalmente visitaremos o Museo Etnográfico Casa do Patrón, no lugar de Codesedo (Doade, Lalín), tamén a súa colección arqueolóxica, formada fundamentalmente polos materiais procedentes do castro.

Image galleries