Visitas guiadas a ‘Acisclo en 66 obras’
Do 21 de decembro ao 1 de febreiro, os xoves e sábados, ás 18:00 h
Visitas guiadas á exposición ‘Acisclo en 66 obras’, unha mostra antolóxica que revisa a traxectoria artística de Acisclo Manzano, desde o expresionismo figurativo inicial ata acadar case a abstracción.
As visitas guiadas deben reservarse previamente empregando o formulario que se atopa nesta páxina, e que se actualiza cada luns coas quendas da semana correspondente.
As reservas para as visitas guiadas dos xoves aténdense ata o mesmo día ás 14:00 h e as dos sábados ata o venres ás 14:00 h.