Seminario sobre o ‘Corpus Petroglyphorum Gallaeciae’
Xoves 9 de novembro de 16:30 a 20:00 h no Edificio Castelao
Edificio Castelao
Dentro dos actos de conmemoración do centenario do nacemento do Seminario de Estudos Galegos, o Museo de Pontevedra organiza o seminario ‘Un fito da arqueoloxía galega. Ramón Sobrino Buhígas e o Corpus Petroglyphorum Gallaeciae’. Será o xoves 9 de novembro de 16:30 a 20:00 horas no Edificio Castelao.
O acceso ao seminario é libre. Entregaráselles un certificado de asistencia ás persoas que se inscriban ata o 8 de novembro en reservas.museo@depo.gal.
PROGRAMA
16:30 h - Presentación da xornada e dos participantes.
Ángeles Tilve Jar, directora do Museo de Pontevedra
16:45 h - A figura de Ramón Sobrino Buhígas no contexto da arqueoloxía da época
Mateo Fontán Couto, arqueólogo
17:30 h - Descanso
17:45 h - Entre arte e ciencia: a documentación fotográfica do Corpus Petroglyphorum Gallaeciae
Kenia de Aguiar Ribeiro, fotoxornalista e arqueóloga
18:30 h - Ramón Sobrino Buhígas (1888-1946). Arqueólogo e naturalista
Ángel Núñez Sobrino, investigador
19:15 h - Mesa redonda
Modera: Daniel Crespo Telmo, conservador de Arqueoloxía do Museo de Pontevedra