Semana Lorquiana no Museo: concerto, andaina e visitas escolares
O concerto será o xoves 14 de novembro ás 19 h e a andaina, o sábado 16 ás 12 h.
O Museo de Pontevedra celebra a Semana Lorquiana, un conxunto de actividades dedicado a lembrar as visitas de Federico García Lorca á cidade.
Concerto ilustrado: Federico García Lorca, poeta galego
Xoves 14 de novembro ás 19 h
Edificio Castelao
Dirixido a público adulto
Con Marcelo Dobode, Víctor Movilla, Tania Solla, Antón Ke e Polo Correo do Vento.
Andaina pola cidade: Federico García Lorca visita Pontevedra
Sábado 16 de novembro ás 12 h
Saída desde o Edificio Castelao
Inscrición previa en polocorreodovento@hotmail.com
Dirixida a público adulto
Visitas concertadas con centros escolares
Do martes 12 ao venres 15 de novembro