Semana Lorquiana no Museo: concerto, andaina e contacontos
O concerto será o mércores 15 de novembro ás 19 h e a andaina o sábado 18 ás 12 h
O Museo de Pontevedra celebra a Semana Lorquiana, un conxunto de actividades dedicado a lembrar as visitas de Federico García Lorca á cidade.
Concerto ilustrado: ‘Federico García Lorca, poeta galego’
Mércores 15 de novembro, ás 19 h
Edificio Castelao
Dirixido a público adulto
Con Marcelo Dobode, Víctor Movilla, Tania Solla, Antón Ke e Polo Correo do Vento.
Andaina pola cidade : ‘Federico García Lorca en Pontevedra’
Sábado 18 de novembro, ás 12 h
Saída desde o Edificio Castelao
Inscrición previa en polocorreodovento@hotmail.com
Dirixido a público adulto
Visitas con contacontos concertadas con centros escolares
Do martes 14 ao venres 17 de novembro