Presentación da banda deseñada Castelao en Pontevedra (1916-1936), de Miguel Pérez Ramudo
Mércores 28 de xaneiro de 2026, ás 19 horas, no Edificio Castelao
Presentación desta banda deseñada de 52 páxinas en formato A4, que percorre a traxectoria artística, pero tamén vital, social e política de Castelao nos anos que pasou en Pontevedra. O cómic, de Miguel Pérez Ramudo, é un proxecto editorial de Almacén de Fábulas para o Museo de Pontevedra con motivo do Ano Castelao.
