Obradoiros de verán
Xulio e agosto do 2026, no Edificio Castelao
Inscricións: a partir do 18 de xuño, ás 10.00 h
Horario: de 11.30 a 13.30 h
Inscricións: a partir do 18 de xuño, ás 10.00 h, a través do enlace dispoñible nesta páxina web.
Cada menor só se poderá inscribir nun obradoiro.
Do 1 ao 3 e do 7 ao 10 de xullo
Sete oportunidades para participar neste obradoiro de dúas horas no que se introduce a rapazada participante na técnica de animación con recortes, a partir de debuxos de Castelao que forman parte da colección do Museo de Pontevedra.
Dirixido a nenas e nenos a partir de dez anos.
Quendas dun día.
Imparte: Carmen Pintos.
Flores que Brotan dos Cadros
O 14, 15 e 17 de xullo e do 4 ao 7 de agosto
Sete oportunidades para participar neste obradoiro de origami de dúas horas. As e os participantes aprenden diferentes técnicas para crear flores de papel inspiradas nas que se atopan en obras expostas no museo.
Dirixido a nenas e nenos a partir de oito anos.
Quendas dun día.
Imparte: Cristina Velasco Mora.
Olería Popular. Arte da Cerámica Tradicional
Do 21 ao 24 e do 28 ao 31 de xullo
Un obradoiro en dúas quendas semanais para coñecer a olería popular galega de lugares coma Buño, Bonxe, Niñodaguia ou Gundivós e o traballo de oleiras e oleiros sen nome coñecido que encheron as casas galegas de vaixela e cacharrada.
Dirixido a nenas e nenos de 6 a 8 anos (do 21 ao 24 de xullo) e de 8 a 12 anos (do 28 ao 31 de xullo).
Quendas semanais.
Imparte: Teresa Pece.
Laboratorio Escénico
Do 18 ao 21 e do 25 ao 28 de agosto
Actividade para achegarse a todas as facetas do teatro. A partir dalgunha peza artística de Castelao presente na colección do museo, desenvolverase o proceso de comprensión, exploración, posta en escena e mostra final da creación escénica.
Dirixido a nenas e nenos de 6 a 11 anos.
Quendas semanais.
Imparte: Asociación Quecheconto.
