Obradoiro familiar: O Museo en Camiño

Edificio Castelao, os sábados 31 de outubro e 14 de novembro de 2026, de 11:30 a 13:00 h

Obradoiro familiar: O Museo en Camiño

Este proxecto didáctico itinerante desenvolvido por Taller Abierto forma parte do programa do Xacobeo 2027 e pretende achegarlle o patrimonio do Museo de Pontevedra a unha serie de localidades situadas no Camiño Portugués. Nesta proposta, un anaco de patrimonio viaxa pola ruta xacobea para poñer en contacto estudantes de primaria con partes da súa propia historia que descoñecen.

O proxecto complétase con dúas actividades destinadas a público familiar no Edificio Castelao do museo. Estarán deseñadas para que nenas e nenos a partir de 6 anos acudan cunha persoa adulta da súa contorna familiar para fomentar o contacto interxeracional e a convivencia.

A inscrición previa para estes obradoiros farase a partir do 16 de outubro no WhatsApp de Taller Abierto (617 340 323).