Obradoiro de iniciación á cerámica para público adulto

Impartido por Nuria Figueiredo, cunha quenda en novembro e outra en xaneiro

Prazas esgotadas
 
Obradoiro de iniciacion a ceramica

O obradoiro de iniciación á cerámica, dirixido a persoas adultas, desenvolverase durante 4 sesións de 2 horas de duración, de 18:00 a 20:00 h, con dúas quendas:

  • Novembro de 2023: mércores 8, 15, 22 e 29.
  • Xaneiro de 2024: mércores 10, 17, 24 e 31.

Inscrición: a partir do 31 de outubro ás 9:00 h, escribindo a reservas.museo@depo.gal indicando nome e apelidos e teléfono de contacto. Obradoiro gratuíto.

O obradoiro propón un primeiro achegamento á cerámica para público adulto. Durante catro sesión, as persoas participantes explorarán diferentes técnicas de construción, coñecerán os estados da arxila e descubrirán técnicas de decoración. Coceranse as pezas e veranse diferentes tipos de vidrados e decoracións con óxidos e pigmentos, para rematar cunha segunda cocción.

Impartirá o obradoiro a artista pontevedresa Nuria Figueiredo, licenciada en Belas Artes pola Universidad del País Vasco. Estudou cerámica artística na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Ademais de impartir obradoiros, como artista traballa nos campos da cerámica e a ilustración. En 2020 foi unha das gañadoras do certame Novos Valores.