Obradoiro de cerámica para público adulto
Do 21 de outubro ao 14 de novembro, ás 16:30 h, no Edificio Castelao
Prazas esgotadas
Asorey, Castelao, Maside, Carlos Sobrino, Acuña ou Bonome foron algúns dos artistas que participaron nos deseños da Cerámica Celta. Conmemoramos o seu centenario con este obradoiro no que as persoas participantes modelarán, decorarán e colorearán as súas propias pezas cerámicas e no que poderán coñecer as antigas fábricas en Pontecesures. Impartido por Teresa Pece.
Dous grupos:
- Os martes, do 21 de outubro ao 11 de novembro, de 16:30 a 18:30 h
- Os venres, do 24 de outubro ao 14 de novembro, de 16:30 a 18:30 h
Dez prazas por grupo, adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.
Inscricións a partir do mércores 8 de outubro, ás 10:00 h, desde esta páxina.
