Obradoiro ‘Castelao e o linogravado’ para público infantil
Do luns 25 ao mércores 27 de marzo, de 11:30 a 13:30 h.
O obradoiro é impartido por Nelson Gómez Callejas e Pilar Delmas Filgueira. Está dirixido a nenas e nenos de 9 a 15 anos. Ten seis horas de duración, repartidas en tres días.
A inscrición para público infantil ábrese o martes 5 de marzo ás 9:00 h, escribindo a reservas.museo@depo.gal e indicando o nome e idade da nena ou do neno e incluíndo un número de teléfono de contacto. Hai 15 prazas, que se adxudicarán por rigorosa orde de inscrición.
No obradoiro farase unha introdución ás características desta técnica e unha explicación da súa importancia en Pontevedra, onde foi introducida por Castelao, logo da súa viaxe por Europa en 1921. Logo tivo continuidade na cidade grazas aos seu discípulo Luis Pintos Fonseca e ás ilustracións das revistas Cristal e Spes.
Os nenos e nenas participantes realizarán os seus propios gravados con linóleo e estamparanos en papel ecolóxico e nunha bolsa de tea ecolóxica.