Obradoiro ‘A mirada obxectivada’, por Xulio Gil
11 e 18 de marzo para público de 10 a 16 anos
En paralelo á exposición ‘Símbolos do conflito. Fotografías de Xulio Gil’ realizarase un obradoiro de fotografía impartido polo propio Xulio Gil, con dúas quendas:
- Sábado 11 de marzo de 10:30 a 12:00 horas, dirixido a público de 10 a 12 anos.
- Sábado 18 de marzo de 10:30 a 12:00 horas, dirixido a público de 13 a 16 anos.
O obxectivo dos obradoiros é achegar á rapazada participante as claves da mirada fotográfica, unha aprendizaxe sobre como mirar a realidade para atopar a fotografía. A inscrición aos obradoiros pódese facer escribindo a reservas.museo@depo.gal.