Memoria da melancolía. Homenaxe a María Teresa León
Xoves 31 de outubro, ás 19:00 h, no Edificio Castelao
Na lembranza e homenaxe a todas as vítimas da Guerra Civil e o exilio de 1939, o Museo de Pontevedra presenta unha nova entrega do programa ‘Contrapuntos: música e memoria’, dedicado nesta ocasión á escritora María Teresa León (1903-1988).
Proxección de Aitana
Marina Alberti. Documental, 18 min (El Viaje Films, 2023)
A neta de María Teresa León, Marina Alberti, presenta unha curtametraxe documental na que traza a historia sobre a relación de dúas mulleres que se transforma na obsesión dunha filla pola desmemoria da súa nai, e o continuum coa súa avoa María Teresa León.
Concerto literario
Samuel Diz, Jonatan Alvarado e Yolanda Castaño
O músico Samuel Diz ofrece a última representación do espectáculo musical e literario ‘Memoria da melancolía’, xunto ao tenor arxentino Jonatan Alvarado e a escritora Yolanda Castaño. Un proxecto que naceu co disco gravado na Casa-Museo Huerta de San Vicente de Granada, coa guitarra histórica de Federico García Lorca.