Día do Libro no Museo

O sábado 22 de abril de 10:00 a 13:00 h celebrarase un obradoiro aberto e o domingo 23 pola mañá repartiranse libros e catálogos do Museo.

Día do libro

O Museo de Pontevedra celebrará o Día do Libro con dúas actividades:

O sábado 22 de abril de 10:00 a 13:00 h no Edificio Castelao terá lugar un obradoiro aberto, dirixido a público de todas as idades. As persoas que nesa franxa horaria se acheguen ao Museo poderán elaborar o seu propio papel artesanal con papel reciclado e fibras naturais como algodón, liño, bambú... Con ese papel poderán estampar marcapáxinas con gravados orixinais deseñados para este obradoiro e inspirados nas obras de grandes artistas galegos como Castelao e Luis Seoane. O obradoiro estará a cargo de Eulogio Rosales e Silvia López.

O domingo 23 de abril de 11:00 a 14:00 h no Edificio Castelao, o Día do Libro celebrarase repartindo publicacións, como catálogos de exposicións e libros de arte, arqueoloxía e outras materias, entre as persoas que visiten o Museo.