Curso: Alegacións a Medida: Moda do Século XX
Edificio Castelao, todos os mércores do 7 de outubro ao 9 de decembro de 2026, ás 19:00 h
Carolina Munáiz imparte este curso en dez sesións de hora e media cada unha, no que seguimos o sinuoso percorrido social, económico e cultural do século xx en Occidente a través da evolución da vestimenta. A moda, en estreita relación coa arte, coa música e co cine, será o manifesto fiel da historia do seu tempo.
O acceso é libre. Aquelas persoas que queiran obter un certificado de asistencia deberán inscribirse previamente en reservas.museo@depo.gal e acudir como mínimo ao 70 % das sesións.
PROGRAMA
- 7 de outubro. Final de século, final dunha vestimenta
- 14 de outubro. Comeza o século xx. A carreira vangardista
- 21 de outubro. Anos vinte. Moda para a evasión
- 28 de outubro. Anos trinta. Entroido en tempos duros
- 4 de novembro. Anos corenta. Contenda e competencia
- 11 de novembro. Anos cincuenta. Conservadorismo dourado
- 18 de novembro. Anos sesenta. A alta costura á rúa; a rúa á revolución
- 25 de novembro. Anos setenta. Cambios de xénero, brillos e anarquía
- 2 de decembro. Anos oitenta. Materialismo en talle grande
- 9 de decembro. Anos noventa. A antimoda pudorosa
