Conferencia: “Pintar a Galicia mártir: a institucionalización pendente”
Xoves 8 de outubro de 2026, ás 19:00 h, no Edificio Castelao
Valentín G. Bóveda, vicepresidente da Fundación Alexandre Bóveda, e Ernesto Vázquez-Rey Farto, secretario da dita entidade, ofrecen esta conferencia na que se presentará e analizará a resposta e o percorrido da solicitude formal enviada á totalidade das administracións locais do país para a institucionalización do Día da Galiza Mártir.
Durante o encontro, os representantes da fundación expoñerán os resultados do proceso de solicitude. A partir destes datos, analizarase a praxe política real e o contraste entre o discurso público e o traballo e voto institucional. En concreto, porase o foco na eiva da afirmación de que a figura de Alexandre Bóveda “é patrimonio de todos”, porén vótase en contra ou bloquéanse as propostas para o seu recoñecemento e homenaxe oficial.
A conferencia pretende abrir un espazo de reflexión crítica sobre os retos da memoria democrática no ámbito social e político, o papel das administracións e a necesidade de dotar de contido real e compromiso político efectivo o legado democrático de Alexandre Bóveda.
Actividade organizada pola Fundación Alexandre Bóveda.
