Unha común laboura. A presenza de Pontevedra no Seminario de Estudos Galegos
Venres 27 de outubro, de 10 a 14 h e de 16:15 a 20:30 h. No Edificio Castelao
Edificio Castelao
Dentro dos actos de conmemoración do centenario do nacemento do Seminario de Estudos Galegos, o Museo de Pontevedra organiza unha xornada de conferencias centrada nalgúns dos representantes máis afamados de Pontevedra, ben pola súa orixe, ben polos vínculos profesionais e afectivos que mantiveron coa cidade. Figuras como Filgueira ou Castelao tiveron unha repercusión maior na cultura galega. O traballo doutros como Sebastián González, Cordero Carrete, Losada Diéguez ou Iglesias Vilarelle pasou máis desapercibido, pero non por iso foi menos transcendente na complexa trama do labor común do Seminario de Estudos Galegos. Esta xornada permitiranos afondar e reivindicar a súa aportación.
O acceso á xornada é libre. Entregaráselles un certificado de asistencia ás persoas que se inscriban ata o 26 de outubro en reservas.museo@depo.gal.
PROGRAMA
Sesión de mañá (10:00 a 14:00 h)
10:00 h - Presentación da xornada e das persoas participantes
Mª Ángeles Tilve Jar, directora do Museo de Pontevedra
Mª Jesús Fortes Alén, responsable do Arquivo Documental do Museo de Pontevedra e responsable da programación arredor do Seminario de Estudos Galegos no seu centenario
10:15 h - Pontevedra e o Seminario de Estudos Galegos
Ramón Villares Paz, catedrático emérito de Historia Contemporánea, Universidade de Santiago de Compostela
11:00 h - Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e o Seminario de Estudos Galegos
Mª Ángeles Tilve Jar, directora do Museo de Pontevedra
11:45 h - Pausa-café
12:15 h - Xosé Filgueira Valverde (1906-1996)
Xosé Carlos Valle Pérez, exdirector do Museo de Pontevedra e presidente de honra da CECEL, CSIC
13:00 h - Coloquio
Sesión de tarde (16:15 a 20:30 h)
16:15 h - Presentación da sesión e das persoas participantes
Mª Jesús Fortes Alén, responsable do Arquivo Documental do Museo de Pontevedra e responsable da programación arredor do Seminario de Estudos Galegos no seu centenario.
16:30 h - Losada Diéguez e o SEG
Justo Beramendi González, catedrático emérito de Historia Contemporánea, Universidade de Santiago de Compostela
17:00 h - Ramón María Aller Ulloa. As xeiras do Seminario de Estudos Galegos na comarca de Deza (1928-1935)
Cecilia Doporto Regueira, responsable do Museo Municipal de Lalín
17:30 h - Pausa-café
18:00 h - Antonio Iglesias Vilarelle: perfís desde o século XXI
Luís Costa Vázquez, catedrático de Musicoloxía no Conservatorio Superior de Música de Vigo e profesor asociado, Universidade de Vigo
18:30 h - Sebastián González García-Paz: un mozo universitario e galeguista no Seminario de Estudos Galegos
Alfonso Mato Domínguez, historiador, documentalista e escritor
19:00 h - Felipe Ramón Cordero Carrete. Claves na sombra
Diana Duo Ramila, doutora en Historia da Arte e membro do departamento de Educación do Museo de Pontevedra
19:30 h - Coloquio