Se nos achegamos á segunda planta do Edificio Castelao no Museo de Pontevedra atoparémonos (no tránsito cara ás últimas salas dedicadas a Castelao) cunha serie de retratos realizados por diferentes artistas como Fernández Mazas, Laxeiro, Álvaro Cebreiro, Xesús Corredoira, Carlos Sobrino, Castelao, Valentín de Zubiaurre, os escultores Francisco Asorey ou Aronson (escultor que tamén realizou o busto de Beethoven, Rasputín, Tolstoi ou Lenin) todos eles están dedicados a unha única figura de hieratismo e atractivos sobresaíntes. Estes artistas, e moitos outros que non mencionamos, dedícanlle caricaturas, retratos e bustos ao que quizais fose un dos mellores violinistas que nunca deu Galicia en toda a súa historia: Manuel Quiroga Losada (1892-1961).
Artigo publicado na revista Cousas de, número 23, outono de 2024.
Sabela Santos Filgueira