Xornada sobre José Freixanes

Xoves 3 de setembro de 2026, ás 19:00 h, no Edificio Castelao

Con motivo da exposición José Freixanes, eternos son os soños. Obra pictórica 2006-2025, o Museo de Pontevedra organiza un acto de lembranza do artista e reflexión sobre a súa obra.

Comezará cunha intervención inicial de Víctor F. Freixanes, escritor e irmán de José Freixanes, que a continuación tamén participará na mesa redonda que terá lugar xunto con Asunta Rodríguez, directora da galería Trinta, e Mercedes Rozas, crítica de arte. Moderará este encontro Xosé Luis García Canido, comisario da exposición.