Xornada Arredor dun Feito Histórico. O Retorno de Castelao a Galicia, 28 de Xuño de 1984
Venres 28 de xuño, de 16:30 a 20:30 h, no Edificio Castelao
A reconstrución histórica dun acontecemento que xerou emocións e diverxencias, analizado por protagonistas directos que o viviron en primeira liña e que achegarán distintas lecturas desde o xornalismo, a historia contemporánea e a proximidade á familia de Castelao. Con Xan Carballa, Xosé Enrique Acuña, Tareixa Navaza, Javier Baltar e Henrique Monteagudo.
Dirixe: Xosé Enrique Acuña
Acceso libre
Entregaráselles un certificado de asistencia ás persoas que se inscriban previamente en reservas.museo@depo.gal.
PROGRAMA
16:30 h Presentación da xornada e das persoas participantes
Ángeles Tilve Jar, directora do Museo de Pontevedra
16:45 h Mesa redonda: “Un retorno conflitivo desde o xornalismo, a televisión e a fotografía”
Xosé Enrique Acuña, Xan Carballa e Tareixa Navaza
18:15 h Descanso
18:30 h Conferencia: “Un día histórico ao lado de Tereixa Castelao”
Javier Baltar
19:00 h Conferencia: “Castelao disputado, galeguismo dividido”
Henrique Monteagudo
19:30 h Coloquio
Modera: Xosé Enrique Acuña