Raquel Queizás: Cinema de historias da man de Alice Guy
Venres 27 de decembro, ás 18:00 h no Edificio Castelao
Un espectáculo no que se mestura narración con teatro e cinema para espertar nas nenas e nenos o amor por este, ademais de descubrirlles o poder que teñen as imaxes para transmitir historias. Todo da man de Alice Guy, a nai do cinema, unha pioneira un tanto esquecida.
Alice Guy foi a primeira persoa en dirixir cine de ficción contando unha historia. Ademais foi actriz, guionista, deseñadora de vestiario, cámara produtora, maga e moito máis. Raquel Queizás ofrécenos a posibilidade de viaxar no tempo para ver fragmentos das súas primeiras películas e coñecer a vida dunha muller fascinante inxustamente esquecida.