Obradoiro infantil e charla arredor de ‘Gabarrón atlántico. Ronsel de saudade’
Venres 14 de abril no Edificio Castelao: obradoiro infantil ‘Siega verde’ de 17:00 a 18:00 h; charla entre Cristóbal Gabarrón e Antón Castro ás 19:00 h.
De 17:00 a 18:00 h desenvolverase o obradoiro ‘Siega verde’, dirixido a nenas e nenos de 8 a 12 anos. Para asistir é necesario inscribirse previamente en reservas.museo@depo.gal. ‘Siega verde’ é un conxunto escultórico do que na exposición ‘Gabarrón atlántico. Ronsel de saudade’ se atopan tres pezas, situadas no exterior do edificio. O obxectivo do obradoiro é amosar como a escultura é utilizada polo artista como soporte para a policromía. Cada participante parte dunha maqueta de 40 cm de alto para crear a súa versión policromada da obra.
Ás 19:00 h terá lugar unha charla entre Cristóbal Gabarrón e o comisario da exposición, Antón Castro. Nela debullarán o traballo do artista murciano, especialmente no referente ás pezas que forman a exposición sobre a súa obra relacionada con Galicia e o océano Atlántico.