Xoán Montes ao piano

Sábado 15 de novembro de 2025, ás 19:00 h, no Edificio Castelao

Xoan Montes ao piano

Javier Ares Espiño, Jorge Briones Martínez e Pablo Diago Busto interpretan as composicións para piano de Xoán Montes, mostrando unha faceta pouco coñecida do compositor galego e revivindo o seu paso polos cafés concerto da cidade de Lugo.

Este espectáculo ponlle fin ao ciclo co que estes tres intérpretes levaron a faceta como pianista de Montes tamén a Ourense, Monforte de Lemos, Rianxo, Lugo e Carballo. Ares, Briones e Diago contan con sólidas traxectorias artísticas e son referentes na recuperación e posta en valor da música galega dos séculos xix, xx e xxi.

Programa

Primeira parte

  • Melodía para a man esquerda, en do menor
  • Scherzo, en mi bemol maior
  • Muiñeira
  • Danza habanera núm. 1
  • Mazurca I, en mi maior
  • Valse III, en do maior
  • Polca, en do maior

Segunda parte

  • Andante sentimental, en si bemol maior
  • Bailados para orquestra. Cuadrilla III: núm. 1, 2, 3, 4 e 5
  • Mazurca, en do maior (a catro mans)
  • Bailados (a catro mans)
  • Mazurca, en si bemol maior
  • Valse, en do maior
  • Polca, en do maior
  • Habanera (a seis mans), en fa menor

 PROGRAMA DE MAN DO CICLO EN PDF