Presentación do libro ‘Museo Provincial de Lugo. Orixe e consolidación (1932-1982)’

Xoves 9 de febreiro ás 19 h no Edifico Castelao

O libro relata os antecedentes, a orixe e os primeiros 50 anos de existencia do museo lugués. A autora revisa os principais episodios da historia desta institución, as coleccións que se foron incorporando ao longo do tempo, os principais personaxes ligados ao museo ou as súas publicacións, entre outros aspectos.

Na presentación participará a autora, Aurelia Balseiro García, directora do Museo Provincial de Lugo, e o director do Museo de Pontevedra, José Manuel Rey.