Curso ‘Avantaxado feminino 2’

Do 8 de febrero ao 26 de abril, os mércores de 19:00 a 20:30 h

Curso sobre mulleres creadoras do século XX que deixaron pegada nos eidos da pintura, a escultura, a fotografía, a moda, o deseño téxtil. O curso compila as biografías de dez artistas para afondar tanto no plano creativo como no plano vital no que desenvolveron as súas traxectorias.  

O curso desenvólvese os mércores entre o 8 de febreiro e o 26 de abril en dez sesións de hora e media (de 19 a 20.30h). O acceso a calquera das sesións é libre. As persoas que estean interesadas en recibir un certificado de asistencia ao remate do curso deben inscribirse previamente escribindo a reservas.museo@depo.gal e asistir como mínimo ao 70% das sesións.

A encargada de impartir o curso é Carolina Munáiz. É docente na Escola Superior de Deseño de Moda Formarte da Coruña, titulada en Ilustración pola EASD Pablo Picasso e con formación de primeiro ciclo da Escola de Canteiros de Pontevedra. É profesora das materias de Historia da indumentaria e de Historia da arte e da moda do século XX. Compaxina o labor docente coa súa traxectoria como pintora.

Programa completo

  • 8 de febreiro. Emilie Flöge (moda)
  • 15 de febreiro. Georgia O’Keeffe (pintura)
  • 1 de marzo. Anni Albers (deseño téxtil)
  • 8 de marzo. María Blanchard (pintura)
  • 15 de marzo. Meret Oppenheim (escultura)
  • 22 de marzo. Lee Miller (fotografía)
  • 29 de marzo. Leonora Carrington (pintura)
  • 12 de abril. Vivian Maier (fotografía)
  • 19 de abril. Marisol Escobar (escultura)
  • 26 de abril. Cristina García Rodero (fotografía)