Acto de celebración da consecución das marcas Q de Calidade e S de Sostibilidade

Será o martes 24 de xaneiro ás 19.30 h coa actuación musical de Mallou

O Museo de Pontevedra celebra cun acto público que é a primeira entidade museística de todo o estado en recibir de maneira conxunta as marcas ‘Q’ de calidade e ‘S’ de sostibilidade concedidos polo Instituto de Calidade Turística de España (ICTE).

O acto será o martes 24 ás 19.30 horas no Edificio Castelao e contará coa actuación musical do grupo Mallou - recentemente galardoado co  XIV Premio Narf-, coa proxección dun audiovisual sobre o traballo do Museo e discursos institucionais.

A capacidade é limitada, polo que para asistir ao acto é necesario confirmar a asistencia a través do correo electrónico reservas.museo@depo.gal.