Acción cultural

Reforzando o vínculo que o museo tece coa comunidade, os seus espazos convértense nunha ágora na que se cruzan diferentes disciplinas artísticas. Na vida da cidade, o museo elabora unha tupida trama de relacións con outras institucións e axentes sociais cos que colabora para configurar unha oferta cultural plural, transversal e diversa na que teñen cabida a poesía, a literatura, a danza, o teatro, a música ou as accións performativas. É dicir, calquera modelo de expresión artística.

Se queres estar ao tanto das novidades do programa de acción cultural accede a actividades na Web. Tamén podes seguilas a través das nosas redes sociais:

Facebook

Instagram

INFORMACIÓN SOBRE O PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL

Se desexa recibir información sobre este programa pode enviar un correo electrónico a educación.museo@depo.es ou chamar ao teléfono 986 804 100 (extensións 42416, 42412 e 42413)