COMO CHEGAR

  • EDIFICIO CASTELAO

    Colección permanente visitable e exposicións temporais

    Rúa Padre Amoedo Carballo, 3. Pontevedra

    Ver en Google Maps
  • RUÍNAS DE SAN DOMINGOS

    Avenida Montero Ríos, 1. Pontevedra

    Ver en Google Maps
  • EDIFICIO FERNÁNDEZ LÓPEZ

    Sala de investigación e edificio administrativo

    Rúa Pasantería, 2. Pontevedra

    Ver en Google Maps

Horarios e tarifas

EDIFICIOS CASTELAO E SARMIENTO

De martes a sábados: de 10h a 21h
Domingos e festivos: de 11h a 14h
Pechado os luns e os días 1 e 6 de xaneiro e 24, 25, 31 de decembro

RUÍNAS DE SAN DOMINGOS

Do 1 de abril ao 31 de outubro

De martes a sábados: de 10h a 14h e de 16:00h a 19:30h
Domingos e festivos: de 11h a 14h
Pechado os luns
Debido á realización de traballos de limpeza e conservación, aprázase a apertura ata novo aviso

Do 1 de novembro ao 31 de marzo

Pechado, aínda que poden concertarse visitas para grupos. Estas dependen das condicións meteorolóxicas e da dispoñibilidade do departamento de educación.

Máis información e contacto en:

986 804 100 extensión 42416
(de luns a venres de 8:30h a 14:30h)

TARIFAS

Gratuíta

Aparcadoiros

Pontevedra é unha cidade amable, peonil e accesible, polo que se pode chegar ao Museo andando desde calquera punto da cidade.

O Museo non dispón de aparcadoiro público nas súas instalacións. No caso de que necesite un informamos dos máis próximos:

Aparcadoiros gratuítos

  • Aparcadoiro do Pazo de Cultura
    Rúa Alexandre Bóveda, SN
  • Aparcadoiro do Recinto Feiral de Pontevedra
    Paseo Ingeniero Rafael Areses
  • Aparcadoiro do Pavillón de Deportes
    Av. Compostela, 1

Aparcadoiros públicos próximos (de pago)

  • Aparcadoiro Santa Clara
    Rúa Santa Clara, 2 · 986 86 65 13
  • Aparcadoiros Mercado de Pontevedra
    Rúa Sierra, 5 · 986 84 84 22
  • Aparcadoiros Praza Barcelos
    Praza de Barcelos, s/n
  • Aparcadoiro Praza de España Empark
    Praza de España, s/n

* Os edificios Castro Monteagudo e García Flórez atópanse temporalmente pechados para a súa rehabilitación arquitectónica e renovación do seu proxecto expositivo.

Servizos

  • Consigna

    Servizo gratuíto para gardar prendas de abrigo, obxectos persoais e paraugas cos que non está permitido acceder ás salas.

     

  • Accesibilidade

    Servizo gratuíto de préstamo de cadeiras de rodas para as persoas con dificultades de mobilidade.

  • LIBRARÍA

    Catálogos e publicacións do Museo. Recoméndase o pago mediante tarxeta bancaria, aínda que tamén se acepta o pago en metálico.

  • Restaurante Cafetería

    La Ultramar, situada na planta baixa do Edificio Sarmiento, é unha taberna, de estética desenfadada cunha cociña de contrastes.

  • Espazo café

    Na terceira planta do Edificio Castelao existe un espazo café con autoservizo no que é posible facer un alto na visita.

  • WIFI

    Servizo gratuíto de WIFI no espazo café do Edificio Castelao

Accesibilidade

O Museo é totalmente accesible para persoas con discapacidade motora. Para a comunicación vertical conta con ascensores.
Existe un servizo gratuíto de préstamo de cadeiras de rodas para as persoas con dificultades de mobilidade que o soliciten.
As recepcións dos edificios do Museo dispoñen de bucles magnéticos para persoas con audífono ou implante cloquear en posición T.
No espazo de ingreso ao museo as persoas con discapacidade funcional de carácter físico dispoñen de consignas de uso prioritario.
Existen aseos adaptados para persoas con diversidade funcional física na planta -1 do Edificio Castelao.
A señalética de acceso as salas ten en consideración os aspectos relacionados coa accesibilidade visual.
Existen zonas de descanso dentro do Museo.
Permítese o acceso de cans guía.
Existe un programa de visitas guiadas gratuítas con intérprete en Lingua de Signos Española de balde.
O Departamento de Educación orienta as solicitudes de visitas tendo en conta a diversidade e as características das persoas que nos visitan.

Planos