Declaración de accesibilidade

A Deputación de Pontevedra comprometeuse a facer accesible o seu sitio web de conformidade co Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.

Esta declaración de accesibilidade aplícase ao sitio web https://museo.depo.gal/

Situación do cumprimento

Este sitio web é parcialmente conforme ao R. d. 1112/2018, cunha estimación da adecuación da páxina nivel AA.

Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:

  1. Falta de conformidade co Real decreto 1112/2018:
    • Pode haber fallos puntuais de edición nalgunha páxina web, coma o adiamento incorrecto de elementos, a presenza dalgunha ligazón rota, parágrafos sen o marcado correcto ou algún salto nos niveis de encabezamento.
    • Do mesmo xeito, pode haber arquivos ofimáticos en PDF ou noutros formatos que non cumpran os requisitos de accesibilidade por ter unicamente o obxecto de presentar determinada información visualmente, aínda que polo xeral se ofrece unha alternativa en texto.
  2. Carga desproporcionada. Non aplica.
  3. O contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable. Poden existir arquivos ofimáticos en PDF ou noutros formatos publicados antes da entrada en vigor do Real Decreto, que non cumpran na súa totalidade todos os requisitos de accesibilidade

Preparación da presente declaración de accesibilidade

Esta declaración elaborouse o 24 de outubro de 2022.

Para preparala a Deputación de Pontevedra levou a cabo unha autoavaliación.

Última revisión da declaración: 24 de outubro de 2022.

Observacións e datos de contacto

A través do presente formulario de contacto, www.depo.gal/formulario-de-contacto do teléfono +34 986 804 100 ou presencialmente no Rexistro xeral da Deputación de Pontevedra e no da sede de Vigo pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade do R. d. 1112/2018 (artigo 10.2.a) coma os seguintes:

  • Informar sobre calquera posible incumprimento por parte deste sitio web
  • Transmitir outras dificultades de acceso ao contido
  • Formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade do sitio web

Estas comunicacións serán recibidas e tratadas pola Unidade Responsable de Accesibilidade (URA) da Deputación de Pontevedra.

Procedemento de aplicación

Ante as solicitudes de información accesible ou queixas desestimadas, que non obtivesen resposta no tempo adecuado ou non cumprisen os requisitos contemplados no artigo 12.5 do R. d. 1112/2018, a persoa interesada poderá iniciar unha reclamación.

A través desta poderá coñecer os motivos da desestimación e opoñerse a eles, instar a adopción das medidas oportunas no caso de non estar de acordo coa decisión adoptada ou expoñer as razóns polas que se considera que a resposta non cumpre cos requisitos esixidos.

Poderá exercer a reclamación a través do seguinte formulario.

As reclamacións serán recibidas e tratadas pola URA da Deputación de Pontevedra, que lle dará resposta nun prazo de dous meses.

Contido opcional

En cumprimento dos principios de accesibilidade e deseño universal, a Deputación de Pontevedra traballa para garantir que toda a cidadanía —especialmente as persoas maiores ou con algún tipo de discapacidade— poida navegar sen atopar dificultades de acceso por esta web, en igualdade de condicións con independencia das súas circunstancias persoais, medios ou coñecementos.

Estándares e normativa

A política de accesibilidade aplicada pola Deputación de Pontevedra cumpre as esixencias establecidas no R. d. 1112/2018, de 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.

Na actualidade, as páxinas da web da Deputación de Pontevedra cumpren os requisitos da Norma UNE-EN 301549:2020, considerando as excepcións do R. d. 1112/2018, que é equivalente ao nivel AA das WCAG 2.1.

Este sitio web está optimizado para os navegadores Microsoft Internet Explorer 11.0 ou versións superiores e as últimas versións vixentes de Firefox, Safari, Opera e Google Chrome. A resolución web mínima recomendada é de 1280 x 1024.

Este sitio web está deseñado para a súa visualización adaptativa, co que se visualiza de forma óptima en tabletas e móbiles.

Identifícanse os cambios de idioma mediante a etiqueta correspondente para facilitar a tarefa de navegación con lectores de texto.

A maioría das páxinas deste portal teñen habilitado o servizo de audiocontidos, en galego e en castelán, para a súa escoita, o que facilita o acceso para calquera persoa usuaria que teña dificultades de lectura en pantalla.

Establécese a posibilidade de consultar a web a través dun formato de alto contraste para que poida ser consultada con maior facilidade por persoas con algún tipo de deficiencia visual.

Última data de revisión do sitio web: 29 de maio de 2023.