Presentación do catálogo 'Voilà la femme'

Martes 22 de novembro ás 19.00 h no Edificio Castelao

Voilà la femme

Preséntase no Museo o catálogo da exposición 'Voilà la femme', que do 19 de maio ao 10 de xullo deste ano reuniu unha selección de obras das artistas máis relevantes que participaron nas súas 25 edicións.

O catálogo reproduce a obra de Menchu Lamas, Yolanda Herranz, Celeste Garrido, Ánxeles Iglesias, Carme Nogueira, Carmen Hermo, Mar Vicente, Reme Remedios, Sara Sapetti, Sonia Tourón, Mª Covadonga Barreiro, Basilisa Fiestras, Ana Gil, Noemí Lorenzo, Nuria Ruibal, Beatriz Sieiro, Itziar Ezquieta, Ofelia Cardo, Gema López, Mery Pais, Isabel Alonso, Colectivo LAG, Belén Diz, Raquel Blanco e Tania Crego presente na exposición colectiva.

Inclúe ademais os artigos 'Perseguindo día tras día, un ideal, cada vez máis afastado...' de Yolanda Herranz e Celeste Garrido, 'Balance 30 anos. As mulleres no sistema da arte en España' de Rocío de la Villa, 'Voilà la femme: diálogos e reverberacións' de Patricia Mayayo, 'Voilà la femme: un berro á luz do día' de Susana Blas, 'Voilà la femme: velaí a muller' de Yolanda Herranz e 'Por amor á arte: cinco artistas fronte á outredade', de Tania Pagola.