Novas

  •  Arte prehistórica. Da rocha ao museo

    Arte prehistórica. Da rocha ao museo

    Dende o xoves 14 de xullo ata o 9 de outubro o Museo ten aberta a exposición ‘Arte prehistórica. Da rocha ao museo’, unha homenaxe á arte rupestre da man do Museo Arqueolóxico Nacional (MAN).

  •  Certame de artes plásticas Novos Valores 2022

    Certame de artes plásticas Novos Valores 2022

    As obras gañadoras e as outras 13 seleccionadas poden coñecerse na exposición aberta desde o 7 de xullo ata o 11 de setembro no Edificio Sarmiento.

  •  Voilà la femme. 25 aniversario. Exposición

    Voilà la femme. 25 aniversario. Exposición

    A exposición conmemorativa ‘Voilà la femme’ reúne unha selección de obras das artistas máis relevantes que participaron nas súas 25 edicións e poderá visitarse desde o 19 de maio ata o 10 de xullo no Edificio Castelao. A mostra, que ten como finalidade visibilizar a produción artística realizada por mulleres, convida á reflexión acerca da identidade e a desigualdade a través das propostas de creadoras galegas ou vinculadas a Galicia.

  •  Presentación de Esenciais. Publicacións

    Presentación de Esenciais. Publicacións

    Ofrecer un relato amable e accesible a todos os públicos das obras e artistas fundamentais da colección deste museo é o obxectivo da nova serie de publicacións de carácter divulgativo "Esenciais" que presentouse este martes no edificio Castelao. O primeiro volume está dedicado a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, o único artista que conta con dúas salas expositivas monográficas nesta institución.

  •  A presenza invisible. Frascos de perfume art nouveau e art déco. Exposición

    A presenza invisible. Frascos de perfume art nouveau e art déco. Exposición

    O Edificio Castelao albergará, desde o 7 de abril ata o 12 de xuño, a exposición A presenza invisible, na que se poderán ver máis de 200 frascos de perfumes creados entre 1896 e 1945 por artistas, deseñadores e vidreiros baixo a influencia de estilos como o art nouveau e o art déco.