O Museo en familia
Actualizado 30/04/2020 00:00 museo de pontevedra Nesta sección iremos ofrecendo unha serie de actividades formativas e de lecer para que nenas e nenos realicen nas súas casas.
XOGANDO CON BONECAS RECORTABLES Este xogo quere axudar a nenas e nenos a coñecer como cambiou a indumentaria das persoas ao longo da historia. Para iso ofréceselles unha boneca e un boneco que poden imprimir e recortar, igual que deberán facer coa vestimenta e cos tocados e complementos. Antes contámoslles en que persoas representadas en obras do Museo nos inspiramos e por que vestían así. Para coñecer a nosa colección de bonecas de papel e outros xoguetes do s. XIX premer aquí COLOREA A VESTIMENTA DOS NOSOS ANTEPASADOS Nesta actividade as nenas e os nenos teñen vestidos de distintas épocas, inspirados nalgunhas das pezas do Museo, para colorear e, se queren, enviar fotos do resultado a gabinetedidactico.museo@depo.es para compartilas con nós. PASA O TEMPO! Encrucillado de arqueoloxía As salas de arqueoloxía do Edificio Sarmiento protagonizan este encrucillado que o público participante debe encher con vinte palabras relacionadas coa nosa colección de Prehistoria e Historia Antiga. ORIXINAL OU COPIA? Busca 10 diferenzas Catro obras de ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO (1886-1950) protagonizan esta actividade, na que o público infantil e familiar que participe nela debe achar 10 diferenzas entre as obras orixinais do artista e as supostas falsificacións, realizadas por un copista que cometeu dez erros en cada unha delas. As obras acompáñanse dun breve comentario explicativo. COÑECE A EXPOSICIÓN DEBUXANTAS Para que nenas e nenos coñezan a exposición Debuxantas. Pioneiras da ilustración, que polas circunstancias actuais non se pode visitar no Sexto Edificio, preséntanselles nesta sección dúas actividades formativas e de lecer para realizar nas súas casas e unha breve información complementaria sobre algunhas das 40 mulleres artistas recollidas na mostra que traballaron para a revista Blanco y Negro e o diario ABC desde a súa fundación (1891 e 1903) ata finais dos anos 90. Na primeira das actividades o público infantil e familiar participante pode colorear dúas obras da ilustradora Ana María Badell Lapetra e na segunda pode realizar un portalapis decorado con imaxes de tres das ilustradoras da mostra. Descarga Colorea coas Debuxantas! en PDF Descargar Crea o teu portalapis en PDF Descargar Para saber +… en PDF FAI A TÚA MARIONETA! Nesta actividade explícase como construír unha marioneta coa que poder realizar logo unha pequena obra de teatro en familia. É moi sinxelo! PINTA CON NÓVOA Nenas e nenos achéganse nesta actividade a obra do pintor pontevedrés Leopoldo Nóvoa (1919-2012) a través de dúas das obras que pintou en Bos Aires no ano 1952, conservadas na colección do Museo. Ofrecémoslles dous debuxos delas nos que se quitou a cor para que poidan colorear, recortar ou mesmo facer en colaxe. Descargar toda a información e materiais en PDF Tamén lles deixamos as imaxes dos cadros orixinais e unhas copias deles para que achen dez diferenzas en cada unha das copias. |
|
© Copyright 2004 - 2013, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. Pasantería, 2-12 - 36002 Pontevedra ES - Teléfono: +34 986 80 41 00 arriba | inicio | contactar | aviso legal |